Emerxendo 2016 - Proxecto municipal para a mellora da empregabilidade

O Concello de Valdoviño, dende o Departamento de Servizos sociais e co financiamento da Deputación da Coruña, vai levar a cabo no vindeiro trimestre unha serie de accións formativas dentro dun proxecto de mellora da empregabilidade. Este proxecto está inmerso no Programa EMERXENDO 2016, que ten como obxectivo atender de maneira integral e globalizadora as necesidades daquelas persoas/grupos que sexan valoradas como en risco de exclusión social e para mellorar as competencias individuais daquelas persoas que teñan iniciado un itinerario formativo-laboral e de busca activa de emprego.
 
As accións formativas que se contemplan dentro do proxecto son as seguintes:

  • Curso de Nivel Básico de Prevención de Riscos Laborais (60 horas)
  • Curso de Prevención de Riscos Laborais no Sector Naval (8 horas)
  • Curso de Sensibilización Medioambiental no sector Naval (8 horas)
  • Curso de formación de prevención en limpeza de praias e espazos públicos (8 horas)
  • Curso de Prevención de Riscos Laborais no Sector Forestal (8 horas)

Persoas destinatarias: as empadroadas no Concello de Valdoviño e terán preferencia as persoas desempregadas. Prazas limitadas. Algunha das prazas será reservada para persoas derivadas do Departamento de Servizos Sociais.
Lugar de impartición: Valdoviño
Previsión de datas: entre o 3 de Outubro e o 21 de  Novembro de 2016
Horario: Luns, mércores e venres en horario de mañá
Inscricións: no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, no tlf. 981487041-ext.5 do 1 ao 9 de Setembro.