Continuidade do programa de envellecemento activo 2016

No mes de Setembro retomaranse as actividades do programa municipal de envellecemento activo 2016 (financiadas pola Deputación da Coruña) dirixidas para persoas maiores de 55 anos. A seguinte acción consistirá na realización dun obradoiro de memoria histórica ("Memoria dun século") con sede na parroquia de Vilaboa. As datas previstas son as seguintes: 22 e 29 de Setembro e 7,14,21 e 28 de Outubro (xoves) de 16:30 a 18:00 horas na antiga escola unitaria de Vilaboa.
As persoas xa inscritas na primeira fase serán informadas telefónicamente da data de inicio. Se houbera algunha persoa interesada que aínda non fora inscrita con anterioridade, deberá contactar co Dto. de Servizos Sociais Comunitarios ou non tlf. 981487041-ext.5.