Prórroga da axudas do PREPARA

Data: 
xoves, 18 Agosto, 2016
Obxecto: 

Para persoas que esgotaron a súa prestación entre os días 16 de febreiro e 15 de agosto de 2016, ambos inclusive.

Prórroga da vixencia da Resolución de 1 de agosto de 2013
Prorrógase por un período de seis meses, a partir do 16 de agosto de 2016, a vixencia da Resolución de 1 de agosto de 2013
A mesma será de aplicación ás persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral e inscritas como demandantes de emprego nas Oficinas de Emprego que, dentro do período comprendido entre os días 16 de agosto de 2016 e o 15 de febreiro de 2017, ambos inclusive, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgotasen algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas, e reúnan o resto dos requisitos establecidos no Real Decreto-lei 23/2012, de 24 de agosto.

Medidas do programa
O Programa inclúe medidas de políticas activas de emprego e axudas económicas: unha subvención de 2.400 ou 2.700 euros por persoa en desemprego, que se cobra en 6 pagas de 400 ou 450 euros mensuais, co compromiso de recibir formación para poder optar a outras saídas laborais.

Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas por extinción da súa relación laboral e inscritas como demandantes de emprego nas Oficinas de Emprego que, dentro do período comprendido entre o día 16 de febreiro e o 15 de agosto de 2015, ambos inclusive, esgoten a prestación por desemprego de nivel contributivo e non teñan dereito a calquera dos subsidios por desemprego, ou ben esgotasen algún destes subsidios, incluídas as súas prórrogas, que cumplan algún dos seguintes requisitos.

Requisitos

  • Levar inscritas como demandantes de emprego polo menos 12 do últimos 18 meses.
  • Ter responsabilidades familiares, tal como se definen no artigo 215.2 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
  • A persoa solicitante debe carecer de rendas, de calquera natureza, superiores en cómputo mensual ao 75 % do SMI (484 euros/mes), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
    Se convive con pais e/ou cónxuxe, e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores cunha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 por cento, ou menores acollidos, unicamente entenderase cumprido o requisito de carencia de rendas cando a suma das rendas de todos os integrantes da unidade familiar así constituída, incluída a persoa solicitante, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o 75 % do SMI (484 euros/mes), excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.

Rendas ou ingresos computables

  • Os establecidos no artigo 215.3.2 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social
  • O importe dos salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas pola Comunidade Autónoma e as entidades locais.

Persoas excluídas
Non poderán percibir as axudas reguladas neste programa:

  • As persoas que percibiran a prestación extraordinaria do programa temporal por desemprego e inserción
  • As personas que foran ou poideran ser beneficiarias do programa de recualificación profesional das persoas que esgoten a súa protección por desemprego nos termos establecidos no Real-Decreto-lei 1/2011, de 11 de febreiro.
  • As que esgotaran ou poideran ter dereito á RAI.
  • As que esgotaran a renda agraria ou o subsidio por desemprego, ambos a favor das persoas traballadoras eventuais do Sistema Especial para Traballadores por Conta Allea Agrarios incluidos no Régime Xeral da Seguridade Social.

Obrigas das persoas beneficiarias

  • Manter a condición de persoa inscrita como demandante de emprego, con demanda en situación de alta ou de suspensión, ben por causa de maternidade ou paternidade, ou ben por causa de asistencia a accións formativas, durante todo o período no que perciban esta axuda, sen prexuízo do establecido no artigo nove desta resolución.
  • Participar nun itinerario individualizado e personalizado de inserción, que contemple o diagnóstico sobre a súa empregabilidade, así como as accións de políticas activas de emprego e de procura de emprego que lles propoñan os Servizos Públicos de Emprego. Estes Servizos Públicos poderán esixir a acreditación desta obriga en calquera momento, sendo a súa realización requisito imprescindible para o mantemento da axuda económica.
  • Aceptar as ofertas de emprego adecuadas, segundo o establecido no artigo 231.3 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, ofrecida polos Servizos Públicos de Emprego ou polas axencias de colocación.
  • Achegar a información e documentación que se lles requira tanto durante a instrución do procedemento, como durante o desenvolvemento da actividade, a efectos de acreditar os requisitos esixidos para o acceso e mantemento no programa.
  • Comunicar ao SEPE calquera circunstancia pola que deixasen de reunir os requisitos de acceso ao programa, así como a percepción das rendas de calquera natureza, que modificasen o importe das percibidas no momento en que solicitou a axuda.

Contía da axuda económica de acompañamento
A finalidade desta axuda é a de reforzar e facilitar a participación das persoas desempregadas no programa de recualificación profesional.
A contía mensual será do 75 % do IPREM mensual vixente en cada momento, podendo verse minorada no seu importe nas circunstancias establecidas no artigo 9.2 da Resolución de 30 de agosto de 2012. Esta contía será do 85 % do IPREM mensual, vixente en cada momento, cando a persoa beneficiaria teña a cargo no momento da solicitude polo menos a tres membros da unidade familiar. A estes efectos, entenderase como familiar a cargo ao cónxuxe e/ou fillos menores de 26 anos, ou maiores cunha discapacidade en grao igual ou superior ao 33 % ou menores acollidos, e que carezan individualmente de rendas propias superiores ao 75% do SMI en cómputo mensual, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
Esta axuda poderase percibir como máximo durante o seis meses seguintes á data de solicitude.

Compatibilidade entre axudas
Cando o/a solicitante, ou calquera membro da súa familia, teña dereito a percibir os salarios sociais, rendas mínimas de inserción ou axudas análogas de asistencia social concedidas pola Comunidade Autónoma e as entidades locais, a axuda económica (PREPARA) sumada ao importe daquelas non poderá superar o 75% do SMI. No caso de que se superase este límite, descontarase da axuda (PREPARA) o importe que exceda da devandita cantidade.
Estas axudas serán compatibles coas axudas de transporte, manutención e aloxamento por asistencia a accións de formación para o emprego establecidas na súa normativa reguladora, as cales non serán computables como renda aos efectos da obtención destas axudas.
Serán incompatibles co traballo por conta propia ou allea, así como coas prestacións sociais de carácter económico que resulten igualmente incompatibles co traballo.

Lugar de presentación
Servizo Público de Emprego

Prazo de solicitude
Dous meses desde a finalización da prestación ou subsidio por desemprego. Neste prazo, a persoa solicitante deberá realizar, durante un período mínimo de trinta días, accións de procura activa de emprego, as cales se deberán acreditar no momento da devandita solicitude. Ten esta consideración  o traballo por conta propia ou allea da persoa.
 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde