Actividades no Concilia Verán 2016

Durante o pasado mes de Xullo e durante este mes de Agosto, nos obradoiros de conciliación, financiados pola Deputación da Coruña, estanse a desenvolver un numeroso abano de actividades que permitan a estimulación dos nenos e nenas participantes, así como o coñecemento directo e posta en valor do seu entorno máis próximo.
As últimas destacadas son as seguintes:
- Visita de dous veciños (Vicente Bouza e Julio Pico) para  fomentar a elaboración/fabricación de carrilanas así como información sobre o evento. Un deles (Vicente Bouza) tamén colaborou na realización de canas de pesca de xoguete para darlles uso nesa mesma xornada.
- Visita dunha bióloga (Irene) para o acompañamento no descubrimento da lagoa e das súas características así como profundizar na súa profesión.
O Concello agradece a colaboración veciñal voluntaria para a realización dalgunhas das actividades.