Becas material escolar 2016

O Concello de Valdoviño comunica á veciñanza que poda estar interesada que o prazo de solicitude de becas municipais para material escolar aínda non está aberto. Foi publicado anuncio no BOP da provincia da Coruña pero debe ser publicado un extracto no mesmo boletín para que a convocatoria sexa efectiva. Será anunciado a través de este medio e na prensa comarcal.
A información recollida nas bases publicadas é correcta polo que as familias interesadas poden ver os requisitos e a documentación a presentar antes da apertura do prazo de solicitudes co obxectivo de acelerar o proceso na medida do posible.
http://www.concellodevaldovino.com/?q=gl/node/2134