Campaña de control da velocidade

Como consecuencia das numerosas protestas dos nosos veciños pola excesiva velocidade que acadan os vehículos na travesía de Valdoviño, en especial no cruce do Carballal e na Porta do Sol, o Concello pon en marcha unha serie de medidas de control de velocidade.
 
Na campaña efectuada durante o mes de xuño constátase pola Policía Local unha redución da velocidade dos vehículos que circulan pola travesía, en relación á primeira campaña de control realizada. Aínda así 190 dos máis de 14.000 vehículos controlados foron sancionados por exceso de velocidade.
 
A seguridade vial é cousa de todos, porén dende o Concello pedimos a máxima colaboración dos usuarios das vías para que o respecto entre todos: conductores, viandantes ou ciclistas sexa o máximo.