Valdoviño presente no Campionato Open Mar Costa Dúos

Este fin de semana disputouse na praia de Salinas o VII Campionato de España Open Mar Costa Dúos, ao que se desplazaron tres parexas da nosa comarca, unha delas formada por Antonio Calvo e Francisco J. Vilar, veciño de Meirás.
 
O campionato constaba de tres mangas de tres horas cada unha delas. Nas dúas primeiras, disputadas o venres, este dúo acabou á fronte da clasificación individual, polo que a falla dunha manga as ilusións estaban en todo o alto. Pero a terceira manga desenvolveuse cunhas condicións pouco propicias para a práctica deste deporte, caendo ata a novena posición.
 
A nivel de seleccións obtiveron o terceiro lugar, coa correspondente medalla de bronce. Noraboa.