Economía e Emprego

A Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ten por obxecto as seguintes accións:

  1. Fomento da creación e consolidación de empresas:
    • Fomento da cultura emprendedora.
    • Servizo de información: captación, tratamento e entrega de información de interese de carácter empresarial (axudas e subvencións, trámites coa administración, organismos...).
    • Servizo de asesoramento: apoio no proceso de realización do plan de empresa (presentación do proxecto empresarial, mercado, comercialización, recursos humanos...).
    • Servizo de apoio á tramitación: apoio á xestión das tarefas necesarias para a realización de trámites (cobertura formularios, entrega de documentación...).
  2. Fomento do emprego e da inserción laboral:
    • Servizo de información laboral: proporcionar ás persoas demandantes de emprego toda aquela información de interese relacionada co mercado laboral (ofertas de emprego, mercado laboral...).
    • Servizo de intermediación laboral: encaixar as ofertas de traballo das empresas cos demandantes de emprego (captación de ofertas de emprego, confección e envío de currículums, preparación de entrevistas de traballo).
    • Servizo de orientación e asesoramento laboral: análise do potencial de empregabilidade, deseño de itinerarios de inserción, información sobre formación, etc.
  3. Tramitación de proxectos de emprego a nivel local.