Alberto Ameneiros en Idomeni: da contemplación á acción

O Diario de Ferrol publica este luns unha entrevista co valdoviñés e concelleiro do BNG, Alberto Ameneiros, á súa volta do campamento de refuxiados de Idomeni, ao que acudiu como voluntario independente.
 
"Da contemplación á acción só hai unha determinación de por medio. Decisións como a que o pasado mes de maio levou ao veciño de Valdoviño e edil do BNG, Alberto Ameneiros, ao campamento de refuxiados de Idomeni (Grecia) a aportar o seu gran de area para dignificar a vida das preto de 14.000 persoas que o habitaban antes do seu desaloxo a pasada semana". A entrevista está dispoñible nesta ligazón: Diario de Ferrol.