Torneo de fútbol 8 do Meirás CF

Este sábado 4 de xuño celebrarase un torneo de fútbol 8 no campo Misael Prieto de Meirás, con equipos das categorías benxamín, infantil, cadete e xuvenil.
 
Os horarios do torneo están dispoñibles nesta ligazón. A duración dos partidos será dunha soa parte, de 25 minutos. As normas poden consultarse no documento adxunto neste enlace.
 
O Meirás CF quere agradecer a participación dos equipos invitados: Libunca SD, SD Rápido de Neda, SRyD Portuarios, CD Narón, Cedeira SD, SDCyR Narón O Freixo, Cultural Maniños SD e SD O Val.