Previsión inicio Curso Atención Sociosanitaria a persoas dependentes en Institucións Sociais

O concello de Valdoviño, coa colaboración da Deputación da Coruña, ten previsión de poñer en marcha próximamente a súa I Edición do curso de "Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais"
Programa formativo teórico : 370 horas lectivas.
Programa formativo práctico en residencias : 80 horas.
Lugar: instalación cedida polo Concello de Cerdido (Escola da Avispeira). Aula de teoría e aula de prácticas.
Límite persoas participantes: 20 persoas (por orde de inscrición)
Máis información e inscricións: Departamento de Servizos Sociais do Concello e 981487041-ext.5. Preferentemente persoas residentes na zona.
Prazo inscrición: dende o venres día 13 de Maio ata o Martes 24 de Maio
Previsión inicio: 30 de Maio
Horario previsto do curso: polas tardes