Licitación do servizo de salvamento e socorrismo 2016

O Concello de Valdoviño licita o servizo de salvamento e socorrismo 2016 nos areais de O Río (Meirás), A Frouxeira, Pantín, O Baleo, Vilarrube e Campelo.
 
O servizo ten prazo de execución de dous meses (1 de xullo a 31 de agosto) e conta cun orzamento máximo de 117.975 euros.
 
Toda a información sobre a licitación, para a que se poden presentar ofertas ata o 27 de maio, está dispoñible no perfil de contratante da web: Servizo de salvamento e socorrismo 2016.