Éxito de participación nas actividades iniciais do Programa de Envellecemento Activo 2016

Este mes de Maio xa deu comezo a actividade de Musicoterapia contemplada no Programa "Envellecemento Cero", subvencionado  pola Deputación da Coruña. Estase levando a cabo nas parroquias de Pantín e Vilaboa (Sedes) cunha afluencia de participación moi elevada (grupos de 15-20 persoas).
Así mesmo, este xoves dará comezo a actividade de "Memoria dun Século" na Parroquia de Pantín (local social) de 16:30 a 18:00 horas, onde traballarán de maneira activa e participativa e recopilación histórica da zona. Esta mesma actividade ofrecerase novamente en Setembro na sede de Vilaboa (Escola Unitaria).