Continuidade das accións formativas do proxecto Rede Xiana2

Este mes dan comezo novas accións formativas enmarcadas dentro do proxecto Rede Xiana2 da Deputación da Coruña:
1. Unha nova edición do carnet B deu comezo o día 3 de maio na autoescola Ruta 24-COFEPA de Ferrol. As persoas beneficiarias son das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal, así como de concellos das Mariñas. Esta acción enmarcase dentro do obxectivo da mellora e capacitación das persoas participantes no  proxecto. Esta formación contará con clases teóricas e prácticas, asi como acceso a unha plataforma con datos individuais de seguemento por parte das persoas docentes, para a preparación individual de cara o exame.  Hoxe en día opermiso de conducción B é un requisito básico para o acceso a gran maioria de empregos no mercado laboral.
2. Outra edición de obtención do Permiso C e CAP de mercadorías dará comezo coa maior brevidade posible, unha vez se configure o grupo. O prazo de inscrición está aberto ata o 18 de Maio. Teñen prioridade aquelas persoas que teñan participado ou estean a participar nas accións específicas impartidas no marco do proxecto RedeXiana2, podendo, no caso de existir vacantes, facilitar a participación de persoas das fases iniciais de capacitación, pre-formación, transversal e complementaria, ou en último lugar, persoas non beneficiarias do proxecto. Lugar: Ferrol.
Requisitos  mínimos para participar:

  1. Estar inscritos/as como demandantes de emprego no Servicio Público de Emprego de Galicia.
  2. Ser maior de 18 anos.
  3. Nivel académico: certificado de escolaridade ou nivel básico de lecto-escritura e comprensión lectora.
  4. Condicións psicofísicas: reunir as aptitudes psicofísicas requiridas en relación coa clase de permiso a obter e que permitan a superación do test psicotécnico.
  5. Achegar copia do permiso B

Máis información: Departamento de Servizos Sociais do Concello ou no tlf. 981487041-ext.5