Concurso de relato curto e debuxo

O Concello de Valdoviño convoca un concurso de relato curto e debuxo, dirixido a rapaces empadroados en Valdoviño e a alumnos do CPI Atios ou do CRA O Esquío, aínda que non estean empadroados no Concello.
 
O certame inclúese dentro dos actos organizados con motivo da celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Manuel María, e convócase para os cursos de 5º e 6º de Infantil na modalidade de debuxo e para 1º , 2º  e 3º ciclo de Primaria na modalidade de relato curto

 
Os relatos e debuxos versarán sobre un ou máis dos 25 personaxes do libro “Os soños na gaiola” incluídos no anexo das bases. Deberán ser relatos e debuxos orixinais, non premiados noutros certames, de temática libre e escritos en lingua galega.
 
O premio para os gañadores consistirá nun exemplar do libro-disco " Os soños na gaiola. Vintecinco cantigas para nenos ", con poemas de Manuel María e música de Suso Vaamonde editado por  Senén Vaamonde. Outorgaranse dous premios para 5º e 6º de infantil, 1º e 2º ciclo de Primaria e un premio para 3º ciclo de primaria.
 
A presentación de orixinais debe realizarse na Biblioteca Municipal ata o 31 de maio.