Premiada a innovación do CPI Atios

Unha vez máis temos que salientar e agradecer o bo traballo realizado pola comunidade do CPI Atios. Unha das mestras do colexio, Laura Adela Fernández, foi seleccionada entre os finalistas do certame nacional Docente Innovador, convocado pola plataforma educativa Proyecta.
 
No documento adxunto explica nunha entrevista moi interesante os métodos que imparte no centro. Ademais, no canal de YouTube do CPI, pódese ver un vídeo coas razóns da exitosa candidatura.
 
Sen dúbida, na boa educación está a base do noso futuro.