O Concello recepciona a obra do Moucho

O Concello de Valdoviño recepcionou a obra do Moucho, unha actuación financiada pola Deputación da Coruña cuns 31.000 euros, que finaliza o abastecemento e saneamento deste espazo.
 
A obra complétase co recubrimento da cuneta nunha marxe, para mellorar a seguridade peonil.
 
Toda a licitación deste traballo xestionouse a través do perfil de contratante da web, onde se poden consultar os datos desta e do resto de tramitacións realizadas dende o Concello: Saneamento e auga potable en O Moucho (Meirás).