Consulta do censo electoral

O alcalde de Valdoviño vén de publicar un bando no que fai saber que:
 
"En virtude do establecido na modificación da Lei Orgánica 5/1985 de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, establecida pola Lei Orgánica 1/2003, de 10 de marzo, o Concello porá a disposición pública a consulta do censo electoral deste Concello, por medios informáticos e unha relación das mesas electorais, nas oficinas municipais, Negociado de Estatística do 9 ao 16 de maio inclusive, podendo dentro de dito prazo consulta-lo censo e presentar se procede reclamación.
Hai un teléfono de chamada gratuíta número 901-101-900.
Valdoviño, 6 de maio de 2016".