Contratación de técnico deportivo

Data: 
xoves, 28 Abril, 2016
Obxecto: 

O obxecto desta convocatoria é a selección dunha praza de técnico deportivo, dentro do programa de apoio ó deporte regulado pola Convocatoria da Deputación da Coruña (B.O.P. no 221, de 18 de novembro de 2015) pola que se establece o programa de subvencións a concellos e entidades locais para a contratación de persoal técnico deportivo durante o ano 2016.
 
A contratación farase baixo o réxime de laboral temporal. O contrato será o 75% da xornada.
 
As funcións e tarefas que han ser desempeñadas pola persoa seleccionada consistirán en desenvolver os programas deportivos do concello, e en especial o relacionado co deporte escolar e federado, realizar tarefas de apoio á xestión deportiva do concello, e as de carácter extraordinario como carnavais, campamentos de verán ou Nadal do concello ou en colaboración con outros concellos e colaborar nas campañas deportivas da Deputación, acompañamento de transporte municipal, e estudar, elaborar e difundir os proxectos de animación deportiva e apoiar ao Departamento de Cultura e Deporte en todas as actuacións deportivas que se realicen ao longo do ano.
 
O traballo realizarase por distintas parroquias do concello, sendo necesario que o traballador dispoña dun vehículo para desprazarse por todo o termo municipal.
 
As retribucións serán de 1.308,50 € brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, que poderá verse modificado segundo a subvención concedida.
 
Por decreto da Alcaldía número 219 de 2016 nomeuse para o posto de técnico-deportivo, modalidade contrato laboral temporal, a dona Inés Ferreira Villar, por ter acadada a maior puntuación: 17,95 puntos, e resolveuse a súa contratación para o desempeño do mesmo. 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

3 de maio

Páxina: 
Deportes