Programa Envellecemento Activo 2016

Dende os Departamentos de Cultura e Servizos Sociais vanse poñer en marcha novas actividades dentro do Programa de Envellecemento Activo financiado pola Deputación da Coruña "Envellecemento Cero".
 
As actividades van dirixidas a persoas maiores de 55 anos residentes no Concello de Valdoviño (calquera que sexa a parroquia). As actividades son gratuitas.
 
Nesta ano 2016, as actividades puntuais que se ofrecen buscan dinamizar e activar o noso rural, dando servizo a aquelas persoas destas idades que non poden desprazarse con facilidade ata o centro urbán. É un proxecto que se extenderá no tempo, polo que a oferta se irá ampliando progresivamente polas diferentes parroquias do Concello. A pesar disto, calquera persoa que o desexe pode inscribirse, independentemente da parroquia onde viva.
 
Para comezar, terán cabida dous obradoiros diferenciados, ambos con sede en Vilaboa, Pantín e Vilarrube. As persoas participantes serán preferentemente das parroquias de Loira, Vilaboa, Pantín e Vilarrube, podendo participar persoas de calquera outra que así o desexen (Sequeiro, Lago, Meirás e Valdoviño).
- Musicoterapia: obradoiros semanais (2 días/semana) nos meses de Maio e Xuño.
- Recuperación da memoria histórica "Memoria dun século": obradoiros participativos semanais (1 día á semana) nos meses de Maio, Xuño, Setembro e Outubro.
 
As actividades serán en horario de tarde. Prazas limitadas.
 
Para maior información e inscricións: Departamento de Servizos Sociais do Concello ou no teléfono 981487041 - ext.5
 
Prazo de inscrición: 22 - 28 de Abril