Contratación dun administrativo no Grupo de Acción Local

O Grupo de Acción Local A Mariña-Ortegal iniciou o proceso de selección e contratación dun posto de persoal administrativo para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020).
 
O Concello de Valdoviño, como integrante do Grupo de Acción Local, divulga esta convocatoria, da que se pode obter toda a información no documento adxunto ou na seguinte ligazón: selección de persoal administrativo.
 
As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende a última publicación nos medios indicados na Base 4.1, e deberán realizarse segundo o Anexo I ás Bases.