Convocatoria das bolsas Eurolíngua

A OMIX de Valdoviño informa da cuarta convocatoria das bolsas Eurolíngua, que permitirán a mozos galegos realizar un curso de inglés de dúas semanas en Irlanda durante o verán, e de forma gratuíta.
 
A idade mínima de participación son os 14 anos e a nota mínima requerida para optar ás bolsas son 6 puntos de media no expediente académico. Ofértanse 15 bolsas dirixidas a universitarios, estudiantes da ESO, Bacharelato e ciclos formativos, e das que cinco serán para mozas e mozos galegos.
 
O prazo de solicitude remata o 28 de abril.