Programa Familias Acolledoras Xunta de Galicia - Cruz Vermella

É unha medida de protección para darlle un fogar a nenos, nenas e adolescentes que están baixo a tutela o garda da Xunta de Galicia porque non poden ser atendidos/as axeitadamente polas súas familias.
 
Hai acollementos máis curtos e outros máis longos, pero cumpre ter moi claro que o acollemento é sempre temporal e non rompe os vínculos do neno ou nena coa súa familia de orixe, ao contrario, a familia acolledora debe colaborar para que se manteñan e se fortalezan estas relacións, de cara ao regreso do/da menor ao seu fogar.
 
O perfil de familias acolledoras é moi variado. Só se require vontade de acoller e dispoñer da capacidade necesaria para proporcionarlles os coidados, seguridade, educación e afectividade que necesitan.
 
Para máis información:
www.acollementofamiliar.org
900812880
galicia@cruzroja.es