Calendario

Fiscal

O prazo de liquidación do IVTM, de carácter periódico anual e notificación colectiva mediante padrón, vai do 4 de marzo ata o 4 de maio de 2019, ambos incluídos.

O prazo do resto de liquidacións periódicas anuais e notificación colectiva mediante padrón, o IBI e a taxa por recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos, vai dende o 15 de setembro ata o 20 de novembro de 2019, ambos incluídos.

Festividades

Os festivos locais en 2019 son o 5 de marzo, Martes de Entroido, e o 24 de xuño, San Xoán. Ademais durante este ano 2019 tamén son inhábiles a efectos laborais os seguintes días:

  • Luns 01 de xaneiro, Día de Aninovo
  • Martes 19 de marzo, San Xosé
  • Xoves 18 de abril, Xoves Santo
  • Venres 19 de abril, Venres Santo
  • Mércores 1 de maio, Día do Traballo
  • Venres 17 de maio, Día das Letras Galegas
  • Xoves 25 de xullo, Día de Galicia
  • Xoves 15 de agosto, A Asunción
  • Sábado 12 de outubro, Día da Hispanidade
  • Venres 1 de novembro, Todos os Santos
  • Venres 6 de decembro, Día da Constitución
  • Mércores 25 de decembro, Nadal