Programa Ágora Xove

Data: 
venres, 4 Marzo, 2016
Obxecto: 

A Consellería de Política Social presenta o programa Ágora Xove
O programa Ágora Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, está orientado á creación de espazos que faciliten a participación dos mozos e mozas galegos na vida social, económica e cultural de Galicia. Para elo, se celebrarán dez foros en distintos puntos da xeografía galega. Ten catro obxectivos principais:

  • Fomento do espírito emprendedor dos mozos e mozas e o apoio á posta en marcha de ideas innovadoras no ámbito social e profesional.
  • Promover a participación e o diálogo creando espazos de encontro entre os rapaces e rapazas, a administración e a sociedade civil, para así intercambiar información e experiencias sobre temas de interese para os máis novos.
  • Promover actividades formativas e lúdicas de carácter transversal no ámbito da educación non formal, orientadas ao desenvolvemento da autonomía persoal dos mozos e mozas.
  • Sensibilización ambiental dos mozos e mozas.

Para lograr estes obxectivos, Ágora Xove aplicará unha metodoloxía baseada na educación non formal e lecer educativo.Conta cun total de doce foros que versarán sobre nove temáticas:

  1. Ágora Rural, no que se reflexionará sobre a situación actual do rural e se darán a coñecer experiencias novidosas.
  2. Ágora do Camiño, no que se darán cita os voluntarios xuvenís que participaron en proxectos do Camiño de Santiago para fomentar a participación doutros mozos e mozas.
  3. Ágora Equipo, unha actividade que se plantexa como unha dinámica de construción de equipo para facilitar unha experiencia de traballo cooperativo aos participantes.
  4. Ágora Cultura Urbana, con deportes de deslizamento, break dance, parkour e grafiti.
  5. Ágora Música, foro que facilitará un encontro de grupos musicais e mozos.
  6. Ágora Seguridade Vial, no que se reflexionará sobre a importancia de boas actitudes nas estradas para a prevención de accidentes;
  7. Ágora Comparte, que fomentará a participación da xuventude no ámbito do asociacionismo.
  8. Ágora Noite: youth nites, inspiradas nas exitosas Nerd Nites, pretende dar unha perspectiva da información xuvenil integradora co ocio saudable e o diálogo estruturado a través de ponencias curtas tipo TEDtalks
  9. Ágora Mobilidade, onde se plantexa unha xornada de encontro entre os estudantes universitarios e os axentes implicados en programas de mobilidade e voluntariado.

Datas e lugares de celebración dos foros

  • 4 de marzo en Vilalba.
  • 15 de marzo en Santiago.
  • 2 de abril en Palas de Rei.
  • 7 de abril en Ourense.
  • 13 de abril en Vigo.
  • En maio o foro trasladarase o día 7 á Estrada e o día 13 a Betanzos.
  • Xa en xuño será a quenda de Bergondo o día 11, Marín o 17 e Vilanova de Arousa o día 18.
  • As últimas citas co programa serán o 16 de xullo en Curtis e no mes de setembro en Ferrol.

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Setembro de 2016.

Páxina: 
Xuventude