Tramitación electrónica de prestacións da Seguridade Social

Data: 
venres, 4 Marzo, 2016
Obxecto: 

Tramitación electrónica automatizada de determinadas prestacións do sistema da Seguridade Social
Resolución do 23 de febreiro de 2016, do Instituto Nacional da Seguridade Social, pola que se regula a tramitación electrónica automatizada de diversos procedementos de xestión de determinadas prestacións do sistema da Seguridade Social. (BOE nº 52 do 01/03/2016)

Esta resolución ten por obxecto regular, de acordo co previsto no artigo 130 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubre, a tramitación electrónica automatizada dos procedementos de xestión das prestacións da Seguridade Social que se relacionan no parágrafo seguinte, cuxa xestión corresponda ao Instituto Nacional da Seguridade Social.
O INSS poderá tramitar, adoptar e notificar resolucións de forma automatizada nos seguintes procedementos:

  1. Solicitudes de prestacións por maternidade e por paternidade.
  2. Solicitudes de pensións de xubilación.
  3. Solicitudes de prestacións por morte e supervivencia.
  4. O recoñecemento da condición de persoa asegurada ou beneficiaria a efectos de asistencia sanitaria con cargo a fondos públicos, a través do Sistema Nacional de Saúde.
  5. Outros procedementos que poidan dar lugar á adopción de resolucións de forma automatizada relacionados con calquera das citadas prestacións, incluidas as de modificación, suspensión ou extinción do dereito ás mesmas.

A tramitación electrónica automatizada só será posible cuando o procedimiento non esixa a achega física de documentos por parte do interesado.

 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde