Axudas técnicas destinadas a unidades familiares con nenos/as xordos/as

Data: 
mércores, 20 Xaneiro, 2016
Obxecto: 

Normativa
Bases das axudas
Convoca: Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

Obxecto
Convocar axudas técnicas destinadas a unidades familiares con nenos/as xordos/as de idades comprendidas entre 0 e 6 anos e centros educativos de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos.
Para familias:

  • Prótesis auditivas pediátricas
  • Sistemas de comunicación para o fogar (vigilabebes)
  • Accesorios para usuarios/as con implantes cocleares.

Para centros educativos de Educación Infantil e primaria en réximen de préstamo:

  • Trasmisor e receptor de FM

Beneficiarios
1. Os/as pais e/ou titores legais de nenos/as xordos/as de idades comprendidas entre 0 e 6 anos (nacidos entre o ano 2009 e 2015, ambos inclusive), usuarios dos Servizos de Atención a Persoas Xordas (SAPS) da FAXPG, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:

  • Límite de renda per cápita familiar[i] de 9.000 euros por cada membro da unidade familiar.
  • Cada unidade familiar poderá optar a unha única axuda para familias cando só haxa un menor de 0 a 6 anos con xordeira.

2. Centros educativos públicos e privados sostidos con fondos públicos de Educación Infantil e Primaria: Poderán solicitar en réxime de préstamo un equipo de FM cando nas súas aulas teñan alumnado xordo que necesita este recurso, e que fose solicitado previamente á Administración Educativa polo centro e en tanto non chegue a concesión pública. Unha vez recibida dita concesión pública, terán que ser devoltos á FAXPG.

 

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

Ata o 31 de marzo de 2016.

Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde