Conecta- Peme

Data: 
luns, 4 Xaneiro, 2016
Obxecto: 

A Xunta abre o prazo de solicitudes do Conecta-Peme para mobilizar proxectos de innovación empresarial.
 
A Consellería de Economía, Emprego e Industria publica no  Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria da terceira edición do programa Conecta-Peme, que mobilizará 40 millóns de euros a través de proxectos de innovación de alto impacto liderados por pequenas e medianas empresas galegas.
 
Conecta-Peme inclúe 20 medidas de simplificación e flexibilización administrativa, atendendo así á demanda das propias empresas de reducir os esforzos destinados aos procesos burocráticos. Deste xeito, o programa apoia proxectos que supoñan unha innovación disruptiva ou radical e que xustifiquen un alto impacto económico, polo que se valorará o novidoso das tecnoloxías xeradas, pero ademais, e moi especialmente, a súa capacidade para xerar rendibilidade no mercado e, en consecuencia, contribuír ao crecemento económico de Galicia.

Fase de tramitación:
Prazo de solicitude/presentación: 

22 de xaneiro

Páxina: 
Economía e Emprego