Aprobados os investimentos do PAS e o POS

O Pleno Municipal do Concello de Valdoviño aprobou, a proposta do Grupo de goberno e coa única abstención de Unidos por Valdoviño, varios investimentos de algo máis de 550.000 euros dentro dos plans de Acción Social (PAS) e Obras e Servizos (POS) da Deputación.
 
As actuacións aprobadas no Plan de Acción Social son:

  • Proxecto de mellora dos parques de Vilarrube, Marnela, A Frouxeira, Aviño, Montefaro, Lago e Vilaboa e creación do de Loira, cun investimento de 244.327,25 euros.
  • Proxecto de mantemento das instalacións de servizos de madeira en Pantín, Frouxeira e Meirás, cun investimento de 76.797,74 euros.

Dentro do Plan de Obras e Servizos preténdese reformar a Biblioteca e outros espazos da Casa da Cultura, cun investimento de 117.745,83 euros. Esta mesma cantidade será utilizada tamén para gasto corrente, co obxecto de intentar estabilizar a mala situación orzamentaria do Concello.