Campaña de esquí 2016

A Deputación da Coruña pon en marcha unha campaña de esquí na estación invernal de Leitariegos, dirixida a 500 nenos de toda a provincia, nados entre 2001 e 2005.
 
Serán cinco días, a partires do 7 de febreiro, en cinco quendas, segundo a distribución xeográfica.
 
A Deputación responsabilízase da maior parte dos gastos ocasionados polos cursos, quedando unha cota de inscrición por participante de 95 euros.
 
Os interesados nesta campaña, poden obter máis información no Concello.