Programa Re-emprende 2015

A mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol vai desenvolver o programa Re-Emprende, o cal pretende dar resposta ás necesidades das persoas emprendedoras en canto a formación e asesoramento, así coma ás necesidades das empresas no que se refire á modernización do seu modelo de negocio e á innovación co fin de garantir a súa supervivencia.
Mais información: Paula Tenreiro Allegue, Coordinadora
Mov.679406593
INICIACION Á CREACION DE EMPRESAS
Os obradoiros de “Iniciación á creación de empresas”.Unha aproximación ao proceso de emprendemento, á búsqueda de ideas empresariais e análise da súa viabilidade.
Dirixidos a calquera persoa con inquietude emprendedora que non dispoña aínda dun proxecto definido.

  1. Crear unha empresa é como…
  2. E se creamos unha empresa?
  3. Que precisamos para emprender?
  4. A busca da idea: Dinámicas de xeración de ideas.
  5. Primeiros pasos.
  6. En primeira persoa: Experiencia de un emprendedor/a.

– Ferrol, 2 de decembro de 10:00 a 13:00. COGAMI(Confederación Galega de Persoas con Discapacidade)  R/ Sánchez Calviño, 56-58 baixo Ferrol
– Ferrol, 9 de decembro de 10:00 a 13:00. Centro de Emprego Concello  R/Sagrada Familia, 56
– Fene, 10 de decembro de 12:00 a 15:00. Aula de cursos Concello de Fene Avd. Naturais 44, entrechán
– Narón, 14 de decembro de 10:00 a 13:00. Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz de  Polígono da Gándara, Av. do Mar, parcela 112
CLAVES PRÁCTICAS PARA O PLAN DE NEGOCIO
Como enfocar a elaboración do plan de empresa dun xeito totalmente práctico para dar forma ao teu proxecto e determinar a súa viabilidade.
Se tes unha idea, este seminario servirache para saber como darlle forma ata convertila nun proxecto viable.
1. A filosofía lean aplicada ao plan de empresa
Business Model Canvas
Como construir o produto mínimo viable
2. Acerta cos teus clientes
3. Análise da competencia
4. Como analizar a viabilidade do proxecto
-Universidade da Coruña, 17 de decembro de 16:30 a 20:30. Campus de Ferrol,  Edificio de Apoio ao Estudo. Aula- 1.1 ( Esteiro. Avda. Vigo s/n)
INSCRICIÓN AQUÍ 
 
 
EMPRENDER NA EMPRESA: Obradoiros de Intrameprendemento:
Os obradoiros de intraemprendemento teñen como obxectivo incorporar e facilitar a actividade emprendedora dentro das empresas garantindo así a súa sustentabilidade.
Realizaranse ademáis dúas sesións de consultoría personalizada para lograr crear climas de traballo máis creativos, equipos de traballo autónomos, proactivos e motivados.

  1. Introdución ao  emprendemento.
  2. Como marcar un obxectivo creativo.
  3. Como conseguir  un equipo motivado, creativo, proactivo e autónomo.
  4. Técnicas de creatividade.
  5. Como poñer en marcha as innovacións.

Sesións grupais
Data: 9 e 16 de Decembro do 2015
Horario: De 16.00 a 20.00
Lugar: Asociación de Empresarios de Ferrolterra, Punta Arnela – Edf. usos múltiples, 2ª Planta.
Sesións de equipo individualizadas.
Serán acordadas de xeito individual con cada empresa participante