25Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

O Concello de Valdoviño asina en Pleno a seguinte declaración institucional:
“O concello de Valdoviño, quere trasladar o seu rexeitamento a todos os tipos de violencia, condenando calquera acto que non respecte o benestar e a liberdade das persoas, ao fío do que ven acontecendo nos últimos días.
Todas as agresións e desigualdades sociais teñen unha especial incidencia nas mulleres, polo mero feito de selo. Por iso, con motivo do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres” que se conmemora o vindeiro 25 de novembro, o concello quere manifestar a máis firme condena a todas as agresións, mortes ou faltas de respecto vividas por moitas nenas e mulleres en calquera lugar do mundo.
Expresamos o noso apoio a todas as vítimas, e o compromiso de desenvolver todas as actuacións municipais que dependan do noso quefacer para previr e intervir en todas aquelas situacións que sexa preciso”.
Ademáis, dende os Departamentos de Servizos Sociais e Cultura, levaranse a cabo nesta semana diferentes accións relacionadas coa conmemoración deste día:
Martes e mércores: sesións de sensibilización en aula sobre a influencia dos estereotipos e roles de xénero no establecemento de parella, dirixido ao alumnado da ESO do CPI Atios (impartidas pola Educadora Familiar Municipal).
Domingo: Andaina/marcha popular a partir das 12:00 horas dende a Casa da Cultura. Ás 13:00 horas acto final no Auditorio.