20 Novembro: Día Internacional da Infancia

O 20 de Novembro conmemórase o aniversario da Convención sobre os Dereitos da Infancia. Este tratado recolle os dereitos dos nenos e as nenas, que se resumen en 10:

  1. Dereito á igualdade sen importar a raza, a cor, o sexo, o idioma, a relixión, a opinión política, o lugar de nacemento ou quen son os seus proxenitores
  2. Dereito especial a crecer e desenvolverse física e espiritualmente
  3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade
  4. Dereito a ter unha alimentación, vivenda e atención médica adecuadas
  5. Dereito a unha educación e atencións especiais para o alumnado con deficiencia, discapacidade ou minusvalía
  6. Dereito a ter comprensión e amor por parte das familias e a sociedade
  7. Dereito a unha educación gratuíta, a divertirse e a xogar
  8. Dereito prioritario en caso de perigo
  9. Dereito a ser protexidos contra o abandono e a explotación no traballo
  10. Dereito a ser educados na paz, comprensión e fraternidade entre os pobos