Reforma15: axudas do IGAPE a particulares para a compra de materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño, para a reforma do seu fogar en Galicia

Data: 
venres, 13 Novembro, 2015
Obxecto: 

As axudas solicítanse directamente nun establecemento adherido, entre o 6 de outubro e o 30 de novembro de 2015 (ou ata agotar o crédito dispoñible). 
A compra mínima é de 1.000 euros (sen impostos) e pódense comprar: materiais de construción e para rehabilitación de cociñas e baños (azulexos, baldosas, ...) ou pezas de mobiliario de cociña ou baño, quedando excluídos os electrodomésticos e as obras.
A compra máxima subvencionable é de 5.000 euros (sen impostos) en unha ou varias veces.
A axuda do IGAPE é dun 20% do importe de compra calculado antes de impostos (co límite de 1.000 €). Adicionalmente a tenda que colabora no programa realiza un desconto do mesmo importe.
Pode pedilas calquera persoa maior de idade que acredite a súa vinculación con un domicilio en Galicia (propietario ou inquilino). Só unha persoa por domicilio, é só un domicilio por persoa solicitante da axuda.
Se vostede é un particular interesado en adquirir materiais ou mobiliario de cociña e/ou baño para a reforma do seu fogar en Galicia, o seu interlocutor será un establecemento de venda que colabore co IGAPE na tramitación do Progama, que estarán debidamente identificados mediante o cartel "Establecemento Adherido". 
O programa aceptará solicitudes desde o 6 de outubro ata o 30 de novembro de 2015, ou ben ata o esgotamento do crédito.
Teléfono de información: 900 81 51 51
Preguntas habituais: http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/reforma15/reforma15-faq
Bases reguladoras: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150924/AnuncioO92-180915-0001_gl.pdf
Entidades colaboradoras: http://www.igape.es/gl/ser-mais-competitivo/reforma15/2015-09-23-19-06-38
 

Fase de tramitación:
Páxina: 
Servizos Sociais e Saúde