25Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller

Tal e como se recolle no programa cultural do mes de novembro, as Concellerías de Cultura e Servizos Sociais organizan por segundo ano consecutivo unha andada popular e urbana para amosar a rexeita á Violencia contra a Muller. Terá lugar o día 29 de novembro a partir das 12:00 horas na Casa da Cultura. Acto final ás 13:00 horas coa colaboración e participación de: alumnado e profesorado de CPI Atios, veciñanza de Valdoviño e unha sorpresa/actuación final.
 
Dar continuidade ao proxecto "Somos e Contamos", do que esta actividade forma parte, supón seguir intervindo para a sensibilizaición e concienciación da veciñanza fronte a este lacra social. O lema "Móvete polo Bo Trato" será novamente o reflexo da xornada.
 
A violencia de xénero é unha lacra que parece non ter solución. Cada día son maltratadas moitas mulleres que chegan a morrer a mans das súas parellas ou exparellas sentimentais. A clave está en modificar a base: identificar os estereotipos de xénero que son aceptados na nosa cultura e eliminar as condutas diferenciadoras para homes e mulleres.
 
É preciso educar a nenos e nas cuns referentes positivos e libres, rachar cos modelos de princesas (pacientes, delicadas, sumisas, presumidas...) e principes (valentes, protectores, aventureiros...), xa que ofrecen un modelo desigual, sexista e discriminatorio.
 
Todas as persoas somos libres para ser e decidir e as relacións sentimentais deben asentar os seus cimentos na confianza, no apoio, na liberdade e no respecto mutuo. A sociedade somos todas, e debemos responder, actuar e promover un trato igualitario.