Axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, secundaria e especial para o curso 2015/2016

Data: 
venres, 13 Novembro, 2015
Obxecto: 

ORDE do 6 de novembro de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
 
Mediante a Orde do 25 de agosto de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 166, do 1 de setembro, convocáronse as axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/16.
Agora, mediante a presente orde, apróbase unha segunda convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinada ao alumnado que non puidese acollerse ás axudas reguladas pola Orde do 25 de agosto de 2015, e a aquel que, tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151110/AnuncioG0164-041115-0002_gl.pdf  

Fase de tramitación:
Páxina: 
Ensino