O Concello incorpora novos viais

O Concello de Valdoviño será propietario dun tramo da estrada AC-116 (Catabois-Valdoviño), arredor da glorieta de Robles, e de elementos auxiliares da vía Narón-Campo do Hospital (AC-566), entre os que se inclúen zonas de estacionamento, paradas de autobuses e beirarrúas.
 
Este cambio de titularidade chega trala aprobación realizada polo Consello da Xunta e será oficial no prazo de dous meses dende a súa publicación no DOG. A incorporación destas zonas permitirá ao Concello actuar de forma directa sobre estas vías, deixando de ser de aplicación as restriccións da normativa autonómica de estradas.