Valdoviño, escenario de cine

O entorno da capela do Porto foi estes días escenario da rodaxe do filme Sol y Luna, unha coprodución hispanodominicana dirixida por Jose Enrique Pintor e protagonizada por Frank Perozo e Nerea Barros.
 
A mesma zona de Meirás foi tamén protagonista a semana pasada da rodaxe dun capítulo da serie Hospital Real (Televisión de Galicia).
 
Cómpre lembrar que os cantís de Meirás xa foran utilizados hai algo máis de vinte anos polo prestixioso director Román Polanski para o seu filme A morte e a doncela ou que, máis recentemente e noutro formato, a praia de Vilarrube foi exaltada no programa de televisión Volando Voy (Cuatro).
 
Nesta galería están dispoñibles algunhas imaxes de Sol y Luna: Valdoviño de cine.