Cinema: "Oz, un mundo de fantasía"

A concellería de Cultura programa unha sesión de cinema para a tarde deste domingo, coa proxección de Oz, un mundo de fantasía.
 
O filme, con entrada de balde e dirixido a todos os públicos, comezará ás 17:30 horas no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Argumento: Óscar Diggs, un mago de circo de dubidosa reputación, ten que abandonar a cidade de Kansas chea de poeira e transladarse ao brillante País de Oz. Está convencido que a partir de agora a fama e a fortuna lle sorrirán. Mais, cando unhas bruxas aparecen, comezará a ter problemas…