Retirados máis de 70 niños de vespa velutina en Valdoviño

A Agrupación de Protección Civil de Valdoviño e Tragsa retiraron no que vai de ano máis de 70 colmeas de vespa velutina en todo o municipio. Oito niños máis están localizados e pendentes de retirada, mentres que hai outros que pola súa localización aínda non se puideron eliminar.
 
Para afrontar a gravidade da invasión da vespa asiática, que vai moito máis alá dun problema apícola, o Concello está a formar na materia ao persoal de Protección Civil, á vez que adquiriu dous traxes específicos para traballar na retirada destes niños.