Vagalume 2015/2016

O Concello de Valdoviño presenta o programa lúdico-educativo familiar na etapa preescolar, un espazo de encontro para familias con fillas/fillos entre os 0 e os 4 anos, que ten o obxectivo de compartir un tempo de calidade cos nenos e nenas a través de cancións, contos e diversas actividades.
 
Neste tempo, favorécese un ambiente agradábel onde manter contacto con outras familias e conversas grupais sobre cuestións relacionadas coa convivencia familiar e crianza infantil.
 
As sesións serán os martes alternos, de 17:00 a 18:30 na Casa da Cultura.  As inscricións faranse no Departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 487 041, ata o 15 de outubro.