Obradoiro de horticultura doméstica

O Concello de Valdoviño organiza un obradoiro de horticultura doméstica de 15 horas de duración, os días 8, 9 e 10 de outubro, en horario de mañá e tarde.
 
Dirixido preferentemente a persoas de 16 a 35 anos, empadroadas en Valdoviño e en situación de desemprego, o obradoiro subvencionado pola Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar.
 
Inscricións os días 5, 6 e 7 de outubro na Casa da Cultura ou no número de teléfono 981 487 666, de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Hai prazas limitadas.