Actividades deportivas municipais 2015-16

O Concello de Valdoviño presenta a súa oferta de actividades deportivas municipais para a tempada 2015-16.
 
Os deportes propostos, sempre que haxa un grupo mínimo para realizalos, son:

  • Badminton, martes e xoves no pavillón municipal do Longoiro (Meirás)
  • Tenis, luns e mércores no pavillón municipal do Longoiro (Meirás)
  • Baloncesto, luns e mércores no pavillón municipal do Longoiro (Meirás)
  • Ximnasia, martes e xoves no pavillón municipal do Longoiro (Meirás)
  • Ioga, luns e mércores na Casa da Cultura
  • Tiro con arco, data e hora en función do grupo, realizaríase no CPI Atios
  • Vela, data e hora en función do grupo, realizaríase no encoro das Forcadas
  • Piragüismo, data e hora en función do grupo, realizaríase no encoro das Forcadas

Inscricións e máis información na Casa da Cultura ou no teléfono 981 487 666, en setembro de 09:00 a 13:00 horas e a partir de outubro de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.