Setembro deportivo

O mes de setembro en Valdoviño está cheo de actividade. Á proba do campionato mundial de surf que se disputa en Pantín ata o domingo, únense os seguintes eventos:
 

  • Sábado 12, ás 18:30 H. NA CASA DA CULTURA: “Presentación do equipo Galiza-Mushing de tiro de cans con zorra” (trineo), con Roberto Lorenzo, campión de España. Organiza o Concello de Valdoviño e GalizaMushing.
  • Domingo 20: “IV Milla Urbana Concello de Valdoviño”, III Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Organizan o Concello de Valdoviño e a Deputación Provincial da Coruña.
  • Sábado 26: “XVI Andada a Santo André de Teixido”. Inscricións na Casa da Cultura: mércores 16, xoves 17, venres 18, luns 21 e martes 22 de setembro, de 09:00 a 13:00 horas. Organiza o Concello de Valdoviño. Hai límite de prazas.