Curso de preparación para a obtención do Graduado en ESO

O 28 de Setembro de 2015 ás 17:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura celebrarase unha reunión informativa sobre as posibilidades de facer un grupo neste Concello para a preparación da obtención do título de Educación Secundaria Obrigatoria a través da Fundación ECCA, centro concertado da Consellería de Educación.
As expectativas serían formar un grupo interesado en asistir semanalmente (2/3 días á semana), 2/3 horas diarias en horario de mañá ou tarde (dependendo da demanda) a sesións formativas cun profesor grupal que guíe as sesións.
Maís información: Departamento de Servizos Sociais Municipais. tlf. 981487041 (ext.5) ou no tlf. 634710018 (centro provincial ECCA).