Presentado o Pantín Classic

Esta mañá tivo lugar a presentación do Pantín Classic, que se celebra no areal valdoviñés dende mañá ata o domingo.
 
O alcalde de Valdoviño, Alberto González, participou no acto xunto aos secretarios xerais de Turismo e Deporte da Xunta de Galicia, Nava Castro e José Ramón Lete, respectivamente, ao alcalde de Ferrol, Jorge Suárez, e a outras autoridades e representantes de organización e patrocinadores.