IV Programa de deporte inclusivo

A Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol ven desenvolvendo dende o ano 2011, en colaboración coa Deputación da Coruña, un programa de deporte inclusivo que pretende: experimentar un cambio cultural cara os conceptos de diversidade funcional e inclusividade; fomentar o deporte e a actividade física como esenciais para a saúde e a realización persoal; e a colaboración entre municipios e entidades para que poidan ofertarse actividades optimizando os recursos e beneficiando a un maior número de persoas usuarias.
 
Para este ano a oferta abre no mes de Setembro coas seguintes actividades: baile adaptado, baloncesto en cadeira de rodas, boccia, pilates, slalom, e tenis en cadeira de rodas.
 
Para facilitar a asistencia de usuarios/as dende distintos puntos da comarca, o programa inclúe un servizo de transporte adaptado para as persoas que o soliciten. A inscrición está aberta a todas as persoas interesadas no deporte inclusivo, necesiten ou non adaptación deportiva, e pode realizarse a través de www.comarcaferrolterra.es.         
Twitter:
https://comarcaferrolterra.wordpress.com/?share=twitter&nb=1
Facebook:
https://comarcaferrolterra.wordpress.com/?share=facebook&nb=1