Gonnaba gaña o Ociosol de fútbol sala

O torneo de fútbo sala Ociosol 2015 rematou co trunfo de Gonnaba, que se impuxo na final ao Esteagüa de Mondariz. O partido estivo moi disputado, decidíndose o campionato na tanda de penaltis.
 
O fútbol toma o relevo deportivo, coa celebración a partir das 17:30 deste sábado do XXV Torneo de fútbol Concello de Valdoviño. O campo do Lameiro de Vilaboa acolle o campionato, coa disputa das semifinais Lago veteranos - Rosalía e Meirás - Valdoviño e as finais.
 
As probas do Ociosol finalizan este domingo ás 11:00 horas coa Carreira na area, unha proba que terá saída fronte á caseta de Socorrismo e inscrición gratuíta no mesmo lugar da saída. As categorías de participación son menores (benxamíns, sobre 200 metros), medianos (alevíns e infantís, sobre 400 metros) e absoluta (dende cadetes a veteranos, sobre 5.000 metros).