Sondeo sobre demanda do Punto de Atención á Infancia

O concello de Valdoviño está a traballar na posibilidade da apertura do Punto de Atención á Infancia, un recurso que acolla a nenas e nenos entre 0 e 3 anos durante o día, a cargo de profesionais do ámbito infantil e educativo. Para valorar a necesidade do servizo e precisar as condicións, prégase a participación da veciñanza interesada, co obxectivo de facer un sondeo das necesidades xerais.
 
Para elo, estase a remitir ás familias potenciais usuarias unha enquisa mediante correo ordinario. Nesa enquisa búscase coñecer a realidade das familias do Concello (por parroquias) para así poder estudar dar resposta ás necesidades existentes.
 
A enquisa poderase entregar no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios, por fax. 981487294 ou no enderezo electrónico educacion.familiar.valdovino@gmail.com.
 
Adxúntase a enquisa para aquelas persoas/familias interesadas ás que por algún motivo non lles chegue polo medio ordinario.