Anuncio de nomeamento de tenentes de alcalde e Xunta de goberno local

Por decreto da alcaldía n.º 222/2015 de 20 de xuño nomearonse os tenentes de alcalde e Xunta de goberno local, sendo o contido do decreto o seguinte:
 
“Descripción Decreto.–Nomeamento de tenentes de alcalde e Xunta de Goberno.
 
Resultando que o pasado día 13 de xuño de 2015 tivo lugar a constitución do Concello de Valdoviño, coma consecuencia das eleccións locais celebradas o vinte e catro de maio e resultando proclamado alcalde o que suscribe.
 
Vistos os artigos 20.1 e 23.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e artigos 46 e 47 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, de 28 de novembro de 1986 pola presente RESOLVO:
 
PRIMEIRO.–Nomear tenentes de alcalde ós seguintes concelleiros:
1.º.–Don ROSA ANA GARCÍA LÓPEZ
2.º.–Don SERGIO SAAVEDRA GUTIERREZ
3.º.-Don BENITO MANUEL VEGA FERNÁNDEZ
4.º.–Dona JESSICA SABIN FERNÁNDEZ
 
SEGUNDO.–Corresponde ós nomeados, polo mesmo orde, sustituirme na totalidade das miñas funcións, nos casos de ausencia, enfermidade ou impedimento que me imposibilite para o exercicio das miñas atribucións; así como nos supostos de vacante ata que tome posesión o novo alcalde.
 
TERCEIRO.–A Xunta de goberno local que estará presidida por esta Alcaldía e que estará integrada polos anteditos tenentes de alcalde, terá as seguintes atribucións:
 
a) A asistencia permanente e asesoramento ó alcalde no exercizo das súas atribucións.
 
b) As atribucións que esta Alcaldía, de forma expresa delega na mesma e que son as seguintes:
1.–A concesión de toda clase de licenzas; agás as licenzas de obra menor.
2.–As contratacións e concesións de toda clase de obras, servizos e suministros, ás que fai referencia o artigo 21.1.ñ) da Lei 7/1985, de 2 de abril, que teñan un importe superior 3.005,06 euros.
3.–A aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no presuposto.
4.–Dispoñer gastos con contía superior a 3.005,06 euros, dentro dos límites que competan ó alcalde e os expresamente previstos nas Bases de Execución do Presuposto Municipal, así como aprobar as facturas que correspondan ó desenvolvemento normal do presuposto municipal e que fosen recibidas polo Servizo de Intervención-Tesourería, sempre que a contía individual de cada unha exceda de 3.005,06.
5.–A aprobación dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do Planeamento xeral non expresamente atribuídas ó pleno, así como os instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
6.–Organizar os servicios de recadación e tesourería, sen perxuizo das facultades do pleno para aprobar as formas de xestión deses servicios.
7.–A aprobación das certificacións de obras, cando a súa contía supere os 3.005,06 euros, así como as actas de recepción de obras, servizos e suministros dos que sexa competencia súa a contratación.
8.–Informa-los expedientes relativos a actividades clasificadas, así como informar en expedientes relacionados coa concesión de licenzas urbanísticas.
9.–A adquisición de bens inmobles e dereitos suxeitos á lexislación patrimonial cando o seu valor non supere o 10% dos recursos ordinarios do presuposto nen o importe de 3 millóns de euros, así coma a enaxenación do patrimonio, cando o seu valor non supere a porcentaxe nen a contía indicada.
 
A Xunta de goberno local celebrará sesión ordinaria semanalmente os xoves, ás 9 horas e 30 minutos.
 
CUARTO.–Que queden derrogados Decretos, acordos, resolucións e calquera outro acto ou norma municipal que se opoña a este acordo.
 
QUINTO.–Publicar no Boletín Oficial da Provincia os nomeamentos efectuados, que surtirán efecto dende o día de hoxe, con independencia da data de publicación, de conformidade co previsto no artigo 44 do Regulamento de Organización das Entidades Locais.
 
SEXTO.–Notificar os nomeamentos aos interesados e dar conta desta resolución ao Pleno da Corporación na primeira sesión que celebre.
 
Dado na Casa do Concello de Valdoviño, a vinte de xuño de dous mil quince”.
 
Valdoviño, 22 de xuño de 2015.
 
O alcalde
D. Alberto González Fernández